Xarxa CRUSCAT

Coneixements, representacions i usos del català

Nel Vidal: A liña descendente que debemos erguer. Sobre o futuro do galego a partir da realidade actual

06 febr. 2015

Os últimos datos sobre o uso do galego feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), a partir da Enquisa de Condicións de Vida das Familias de 2013, certifican a percepción xeral sobre o uso da lingua galega na xente nova: a da perda acelerada do idioma nos últimos anos. De non se aplicaren as medidas axeitadas canto antes, e de non chegarse a un acordo xeral e global para o mantemento do galego como lingua viva, esa liña descendente pode ir cara ao deixarmos de ser.

Quizais dúas das conclusións máis salientables deste estudo oficial do IGE son as que quero extraer dos dous seguintes gráficos: O uso do galego descende en todos os ámbitos de forma acelerada, e na poboación de menos de 15 anos, que é a poboación do futuro inmediato, o seu uso máis ou menos habitual anda tan só polo 25%. A liña do galego (no gráfico, a vermella) é dun descenso vertixinoso. En 50 anos perdéronse dous terzos dos seus falantes habituais, e a pendente é practicamente igual de acusada na xente que se formou na ditadura franquista e na xente que se formou na democracia actual, nomeadamente nos últimos anos.Continuar llegint… Blog de la Revista de Llengua i Dret » A liña descendente que debemos erguer. Sobre o futuro do galego a partir da realidade actual – Nel Vidal Barral.